Wednesday 15 de May de 2024

Festival de teatro este sábado no Auditorio Gabriel García Márquez


O sábado 11 de xuño, desde as 16:00 horas, celebrarase o Festival Marusía Escénica de teatro no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A entrada é gratuíta.

Abrirá a xornada a Asociación Cultural Vagalume de Carballo con Airbnb. Ás 18.00 horas actuará a Escola Municipal de Teatro de Oleiros con Residencia de artistas. Finalmente, ás 20.00 horas, a Escola Municipal de Teatro de Sada representará Nosa señora das nubes.

Con estas actuacións en Oleiros pecharase este festival, que xa se celebrou anteriormente en Carballo, Sada e Bergondo.